InicioSociedadeO Consorcio Casco Vello Vigo sacará a concurso 6 novas vivendas de...

O Consorcio Casco Vello Vigo sacará a concurso 6 novas vivendas de protección en Elduayen e Ferrería

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de rehabilitación do edificio Elduayen 31 e Ferrería 10, que xa están na última fase da obra para poder saír a concurso nas próximas semanas seis vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de rehabilitación do edificio Elduayen 31 e Ferrería 10, que xa están na última fase da obra para poder saír a concurso nas próximas semanas seis vivendas. En concreto, tras un investimento de 1,4 millóns de euros (sumando a compra do inmoble e a adxudicación dos traballos), esta actuación suporá a posta a disposición dos cidadáns de seis novas vivendas de protección autonómica, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial.

Tal como explicou o Goberno galego nun comunicado, os condicionantes urbanísticos do solar implicaron a necesidade de manter o patio interior e, en consecuencia, reformular o proxecto inicial. Deste xeito, aínda que funcionarán como unha comunidade única, unida pola planta baixa, manteranse dous edificios, un con fachada cara a Elduayen de cinco plantas e outro de tres en Ferrería.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...