InicioSociedade498.000 euros en axudas a centros concertados para a contratación de auxiliares...

498.000 euros en axudas a centros concertados para a contratación de auxiliares de conversa en lingua extranxeira

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades concede axudas de 6.000 euros a 83 centros privados concertados galegos para a contratación, leste mesmo curso 2023/24, de auxiliares de conversación en linguas estranxeiras.

Así o recolle unha resolución asinada pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e publicada no portal educativo da Xunta coa relación de 83 colexios que reciben esta subvención. En total, a contía desembolsada ascende a 498.000 euros.

A listaxe de centros beneficiarios e excluídos –outros 11– é provisional, polo que aínda se poderán efectuar reclamacións ou renuncias no prazo de 10 días hábiles.

Estes auxiliares de conversación súmanse aos 655 que ao longo do presente curso prestan apoio en máis de 800 centros da rede pública.

CONCURSO DE TRASLADOS

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a relación definitiva que resolve o concurso de traslados para cubrir o próximo curso un total de 50 prazas en centros públicos que imparten ensinos de persoas adultas.

En concreto, esta convocatoria está destinada a persoal docente funcionario de carreira de Secundaria, así como do corpo de catedráticos de Secundaria e de mestres de Primaria. Tamén para profesores en prácticas.

Os 50 seleccionados deberán tomar posesión do seu novo destino a partir do 1 de setembro.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...