InicioSociedadeO Parque Nacional das Illas Atlánticas volve bater a súa marca con...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas volve bater a súa marca con máis de medio millón de visitas en 2023

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas volveu a bater a súa marca de afluencia en 2023, con case 515.000 visitantes. Este dato supón unha subida do 5 % respecto ao ano anterior, e reflicte un incremento en todos os arquipélagos, especialmente no caso das Cíes, que rexistraron máis de 343.000 visitas, dous terzos do total.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas volveu a bater a súa marca de afluencia en 2023, con case 515.000 visitantes. Este dato supón unha subida do 5 % respecto ao ano anterior, e reflicte un incremento en todos os arquipélagos, especialmente no caso das Cíes, que rexistraron máis de 343.000 visitas, dous terzos do total.

Segundo trasladou a Xunta a través dun comunicado, a contribución e “o bo traballo das empresas e responsables do parque” fixeron que este se consolide como un destino natural “de referencia para aqueles que buscan conectar coa natureza”. Pola súa banda, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, destacou que o parque nacional no seu conxunto ofrece “unha experiencia única nun espazo privilexiado do mundo”, sinónimo de calidade e respecto á contorna.

CARTA EUROPEA DE TURISMO SUSTENTABLE

Ademais, un total de 26 empresas que operan neste espazo renovaron (13) ou recibiron por primeira vez (outras 13) a adhesión á Carta Europea de Turismo Sustentable, coa que se comprometen cun turismo de calidade, responsable e sustentable, e co futuro do parque, que conta con esta acreditación desde 2015.

Estes certificados entregados por Europarc están destinados a espazos naturais protexidos e os actores da súa contorna comprometidos co turismo sustentable. As entidades seleccionadas deben superar un proceso formativo de seis meses que inclúe un diagnóstico da súa actividade, a implantación de medidas para mellorar o seu traballo e conectalo co espazo protexido, visitas aos establecementos e unha auditoría ambiental.

Así, as firmas adheridas á Carta Europea, entre as que se atopan algunhas de turismo náutico, cámpings e turismo guiado, entre outras, convértense en embaixadoras do turismo sustentable ao satisfacer as necesidades de visitantes, empresas e poboacións locais sen danar o medio ambiente.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...