InicioSociedadeO Goberno traslada "tranquilidade" polo crime da maleta que, por agora, non...

O Goberno traslada “tranquilidade” polo crime da maleta que, por agora, non se considera violencia de xénero

O subdelegado do Goberno sinalou que este "é un asasinato que, presuntamente, foi cometido por unha persoa que xa estivo condenada por outros dous asasinatos", o primeiro deles foi o da súa avoa, en marzo de 1988; e o segundo o acuchillamento de Alicia Rey, unha veciña e amiga súa de Paradela de Xende, na Lama, no mes de decembro de 2004.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, trasladou este luns unha “mensaxe de tranquilidade” sobre o crime da muller cuxo cadáver apareceu en avanzado estado de descomposición no interior dunha maleta en Vigo. Por agora, o caso non se considera violencia de xénero.

É o Xulgado de Instrución número 4 da cidade olívica o que investiga o sucedido. Precisamente o pasado venres acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza de José Manuel Durán González, alias ‘O Chioleiro’, como suposto autor. Abel Losada dirixiu, este luns, “unha mensaxe de confianza ao conxunto da sociedade” destacando que “se está solucionando e estase atacando este tema que lexitimamente intranquiliza”, dixo.

O subdelegado do Goberno sinalou que este “é un asasinato que, presuntamente, foi cometido por unha persoa que xa estivo condenada por outros dous asasinatos”, o primeiro deles foi o da súa avoa, en marzo de 1988. Antes diso, ‘O Chioleiro’ xa fora condenado por violala. O outro crime cometido por este individuo foi o acuchillamento de Alicia Rey, unha veciña e amiga súa de Paradela de Xende, na Lama, no mes de decembro de 2004.

Ademais, Abel Losada quixo “agradecer o magnífico traballo, neste caso do Corpo Nacional de Policía, na aparente resolución do crime”. O subdelegado estendeu este agradecemento “por suposto, á colaboración cidadá da contorna do barrio” no que se atopou o corpo da vítima. O testemuño destes veciños “dirixiu un pouco nos momentos iniciais, unha investigación atípica, en orixe”. Por agora, este caso non se trata como violencia de xénero, segundo comunicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

O pleno extraordinario de aprobación do novo PXOM celebrarase o 26 de maio

O goberno municipal de Vigo fixou para o vindeiro luns 26 de maio o pleno extraordinario...

O xerente da área sanitaria sobre as esperas dun mes para analíticas: “O aumento de peticións de probas é tremendo”

O xerente da área sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente, referiuse este luns ao aumento...

Detido un veciño do Porriño que deu unha malleira a un septuaxenario para roubarlle

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo detivo a un home de 42...

O festival de Cans 2025 arrinca coa retrospectiva internacional a Alejandro Loayza

A XXII edición do Festival de Cans arrinca este martes na aldea do Porriño...