InicioSociedadeFalece con 40 anos o cangués Guillermo Pousada, premio nacional por mellor...

Falece con 40 anos o cangués Guillermo Pousada, premio nacional por mellor investigador novo en VIH

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cangués Guillermo Pousada Fernández, recoñecido biólogo que en 2021 gañou o premio nacional ao mellor investigador e máis novo en VIH, faleceu o pasado domingo aos 40 anos de idade despois de anos dunha loita contra o cancro que el mesmo narraba a través de redes sociais.

Orixinal da capital morracense, o luns os restos mortais foron conducidos desde o tanatorio ata a excolegiata de Santiago de Cangas, onde se celebrou o funeral. Pousada era licenciado en Bioloxía e doutor en Xenética Humana e Bioloxía Molecular, especiado en enfermidades raras, pola Universidade de Vigo. Polo seu labor investigador recibiu varios recoñecementos, entre eles o premio nacional ao mellor investigador e máis novo en VIH en 2021.

Desde finais de 2017, era coordinación dos ensaios clínicos do servizo de Medicina Interna, grupo de enfermidades infecciosas, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. En 2022, foi diagnosticado de cancro de boca e, desde entón, empregaba as redes sociais para relatar e visibilizar a súa loitar persoal contra a enfermidade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...