InicioSociedadeO Supremo anula a orde de derriba da Xunta para unha casa...

O Supremo anula a orde de derriba da Xunta para unha casa en servidume de Costas en Vilaboa

Os maxistrados do TS determinan que a Xunta non pode ordenar a derriba dunha edificación "amparada nunha licenza urbanística municipal, conforme á formulación en vigor e axustándose as obras á devandita licenza".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Supremo ratificou a anulación da orde de derribo da Xunta para unha casa situada na franxa de servidume de Costas no municipio pontevedrés de Vilaboa. Nunha sentenza emitida en xaneiro e que xa é firme, o TS desestima o recurso de casación presentado pola Administración autonómica contra o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que outorgou validez á licenza municipal para as obras promovidas na vivenda.

Agora, o Supremo apoia esta conclusión ao entender que a Administración autonómica carece de competencias para ordenar o restablecemento da legalidade de protección o dominio marítimo terrestre e a súa zona de influecia. Así, os maxistrados do TS determinan que a Xunta non pode ordenar a derriba dunha edificación “amparada nunha licenza urbanística municipal, conforme á formulación en vigor e axustándose as obras á devandita licenza”. Deste xeito, conclúe que, para proceder á demolición da vivenda en cuestión, debe recurrise “á impugnación da referida licenza en vía contencioso-administrativa”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...