InicioSociedadePiden case 15 anos de prisión para dous vigueses acusados de vender...

Piden case 15 anos de prisión para dous vigueses acusados de vender droga

os efectivos da policía nacional rexistraron un trasteiro do acusado, onde atoparon numerosas tabletas de cocaína valoradas en máis de 200.000 euros, así como resina de cannabis valorada nuns 20.000 euros. Así mesmo, os axentes localizaron máis bolsas de cannabis e doutras sustancias como THC, ademais de 65.690 euros distribuídos en billetes de 500, 200, 100, 50, 20 10 e 5 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas, a dous vigueses acusados dun delito contra a saúde pública para os que pide case 15 anos de prisión. Segundo se recolle no escrito do Ministerio Fiscal, o 9 de decembro de 2022un dos acusados atopábase nas proximidades do domicilio do outro acusado cando foi abordado por efectivos da Policía Nacional, ante a posibilidade de que fose provelo de estupefacientes.

Ante a presenza dos axentes, o primeiro dos acusados tirou ao chan a sustancia, que resultou ser unha bolsa de plástico que contiña 6,637 gramos de cocaína valorada en 577 euros. Ademais, para evitar ser detido, forcexeou cos axentes, aos que lanzou cotenadas e chegou a empuxar a un deles cara a unhas escaleiras.

A continuación, os efectivos da policía nacional rexistraron un trasteiro do acusado, onde atoparon numerosas tabletas de cocaína valoradas en máis de 200.000 euros, así como resina de cannabis valorada nuns 20.000 euros. Así mesmo, os axentes localizaron máis bolsas de cannabis e doutras sustancias como THC, ademais de 65.690 euros distribuídos en billetes de 500, 200, 100, 50, 20 10 e 5 euros.

O escrito de Fiscalía sinala que o acusado vendía estas sustancias a outras persoas, entre elas o outro acusado, que foi visto por efectivos policiais entregando a outra persoa un paquete na rúa Vicente Risco da cidade olívica que contiña 0,9 gramos de cocaína. Por estes feitos, o Ministerio Fiscal pide para o primeiro do acusados nove anos de prisión por un delito contra a saúde pública; sete meses de cárcere polo delito contra a orde pública; e tres meses de multa polo delito leve de lesións. Para o outro acusado, Fiscalía atribúelle un delito contra a saúde pública polo que solicita cinco anos de prisión.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de Santa Marta e A Ladeira galardonadas recentemente co distintivo de bandeira azul da Asociación privada ADEAC. A medida chega despois de que o SERGAS publicase os resultados das analíticas correspondentes do pasado 14 de xullo, que, segundo fontes consultadas pola redacción, […]

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...