InicioSociedadeA Policía Nacional de Vigo organiza unha recollida de roupa, alimentos e...

A Policía Nacional de Vigo organiza unha recollida de roupa, alimentos e xoguetes para persoas desfavorecidas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional, dentro da súa campaña de colaboracións con institucións solidarias, organizou unha recollida de roupa, alimentos, xoguetes e bens de primeira necesidade para persoas desfavorecidas. O centro de recollida situouse na comisaría de Álvaro Cunqueiro. Esta operación, tal e como explican nun comunicado, lévase a cabo desde fai dez anos, cando se lle chamou ‘Operación potito’, “xa que se detectou unha especial demanda deste produto”.

Desde entón, apuntan, se foi ampliando ano a ano, o catálogo de efectos a doar, en consonancia coas necesidaes das persoas máis desfavorecidas. Todos os efectos recolleitos foron entregados á Sociedade de San Vicente de Paúl, organización de carácter humanitario e benéfico social con sede en Vigo. Á entrega acudiron o presidente da sociedade, Rafael Martínez, e o Xefe das dependencias, o Comisario Ramiro José Gómez García, así como os funcionarios encargados da recollida das doazóns.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...