InicioSociedadeO consultorio de Goián, en Tomiño, reabre o vindeiro luns

O consultorio de Goián, en Tomiño, reabre o vindeiro luns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consultorio da parroquia de Goián, en Tomiño, reiniciará a súa actividade asistencial o vindeiro luns, día 22 de xaneiro, coa presenza dun médico e unha enfermeira especialista en atención familiar e comunitaria de luns a venres.

Tal como informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Ponte, visitou este xoves as súas instalacións, explicando que neste centro sanitario porase en marcha unha iniciativa piloto que acollerá un novo concepto de consultorio, no que a saúde comunitaria cobrará unha especial relevancia.

Desta maneira, o consultorio non só recuperará a súa actividade normal interrompida pola pandemia, senón que será un centro pioneiro en todo o territorio, tal como indicou Ponte. En concreto, seleccionouse como centro piloto polas súas características poboacionais e xeográficas, así como polos recursos comunitarios á súa disposición.

“A orientación comunitaria da Atención Primaria trae consigo un cambio de paradigma que supón a evolución dunha atención sanitaria centrada na enfermidade a outra focalizada nas persoas e no seu contexto social. Por tanto, trátase de cambiar o modelo, co obxectivo de prestar unha asistencia sanitaria proactiva centrada na educación sanitaria, na prevención da enfermidade e na promoción da saúde coa participación da cidadanía”, engadiu a Xunta.

Nesta liña, no consultorio de Goián a enfermeira realizará un seguimento proactivo dos pacientes crónicos, para manter as súas enfermidades baixo control. Tamén desenvolverá actividades preventivas e de promoción da saúde.

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...