InicioSociedadeO Sergas inviste máis de 234.000 euros en 91 camas para a...

O Sergas inviste máis de 234.000 euros en 91 camas para a unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro

A maioría destas camas substituirán o parque antigo desta unidade, mentres que outras se destinarán á unidade Infanto-Xuvenil de psiquiatría, recentemente inaugurada no devandito centro hospitalario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) investiu máis de 234.000 euros en 91 novas camas para a unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, segundo publica o Diario Oficial da Unión Europea este mércores. Tal como explicou a Xunta nun comunicado, a maioría destas camas substituirán o parque antigo desta unidade, mentres que outras se destinarán á unidade Infanto-Xuvenil de psiquiatría, recentemente inaugurada no devandito centro hospitalario.

A selección destas novas camas baseouse nunha combinación de seguridade e confort para o paciente, con especial incidencia na altura mínima do plano para prever danos producidos por caídas en persoas medicadas con fármacos que poden inducir á inestabilidade motora e do equilibrio ou para favorecer a autonomía naquelas con problemas de mobilidade.

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...