InicioSociedadeAbren xuízo contra o acusado de asasinar á súa veciña septuaxenaria en...

Abren xuízo contra o acusado de asasinar á súa veciña septuaxenaria en Moaña, que se enfronta a 25 anos de cárcere

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Cangas ditou auto no que acorda a apertura de xuízo oral contra o home acusado de asasinar á súa veciña septuaxenaria, en xullo de 2021, na zona de Tirán, no municipio de Moaña. Segundo recollen o auto da xuíza e o escrito de conclusións provisionais da Fiscalía, os feitos ocorreron na mañá do 3 de xullo de 2021, cando o acusado se dirixiu á vivenda da vítima, de 72 anos de idade, “coa intención de apropiarse dos obxectos do interior da vivenda que fosen do seu interese”.

Para lograr o seu obxectivo, “de forma súbita” inmobilizou á muller atándolle as mans e, a continuación, “con intención” de acabar coa súa vida, “colocoulle unha corda ao pescozo, provocando a súa asfixia mecánica e, en consecuencia, o seu falecemento”. Xulgado e Fiscalía tamén expoñen que o acusado “tiña plena conciencia e vontade dos seus actos” e, aínda que presentaba unha dependencia moderada a sustancias estupefacientes, non tiña “afectada a súa capacidade para a toma de decisións”.

Por todo iso, acordouse a apertura de xuízo oral polo delito de asasinato e por un delito tentado de roubo con violencia en casa habitada (non consta que o home lograse levar nada), e desígnase como órgano competente para axuizar os feitos o tribunal de xurado da Audiencia Provincial de Pontevedra.

SOLICITUDE DE CONDENA FISCALÍA

A Fiscalía cualifica os feitos como un delito de asasinato e un de tentativa de roubo con violencia, en relación de concurso medial, posto que “o asasinato foi o medio para cometer o roubo”. Así, o ministerio público solicita que o acusado sexa condenado a 25 anos de prisión, e que se lle prohiba comunicarse ou achegase a menos de 500 metros dos descendentes da vítima por un período de 10 anos. Con respecto á responsabilidade civil, a Fiscalía pide que o proceso indemnice en 30.000 euros ao fillo da falecida.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...