InicioSucesosAberto o xuízo oral contra o acusado de asasinar á súa veciña...

Aberto o xuízo oral contra o acusado de asasinar á súa veciña septuaxenaria en Moaña

Os feitos aconteceron en xullo de 2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Cangas ditou auto no que acorda a apertura de xuízo oral contra o home acusado de asasinar á súa veciña septuaxenaria, en xullo de 2021, na zona de Tirán, no municipio de Moaña.

Os feitos ocorreron na mañá do 3 de xullo de 2021, cando o acusado se dirixiu á vivenda da vítima, de 72 anos de idade, “coa intención de apropiarse dos obxectos do interior da vivenda que fosen do seu interese”.

Para lograr o seu obxectivo, sinala a xuíza no seu auto, “de forma súbita” inmobilizou á muller atándolle as mans e, a continuación, “con intención” de acabar coa súa vida, “colocoulle unha corda ao pescozo, provocando a súa asfixia mecánica e, en consecuencia, o seu falecemento”.

Na resolución do xulgado tamén se expón que o acusado “tiña plena conciencia e vontade dos seus actos” e, aínda que presentaba unha dependencia moderada a sustancias estupefacientes, non tiña “afectada a súa capacidade para a toma de decisións”.

Por todo iso, acordouse a apertura de xuízo oral polo delito de asasinato e por un delito tentado de roubo con violencia en casa habitada (non consta que o home lograse levar nada), e desígnase como órgano competente para axuizar os feitos o tribunal de xurado da Audiencia Provincial de Pontevedra.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...