InicioSociedadeO PAC de Vigo colapsada por falta dun facultativo: esperas de ata...

O PAC de Vigo colapsada por falta dun facultativo: esperas de ata dúas horas

Así o denunciou a CIG e o portavoz do goberno local, Carlos López Font, instou á Xunta a que adopte medidas "urxentes", lamentando a situación que se produciu o luns no PAC da cidade onde había dous médicos para 500 pacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CIG volveu a alertar do “colapso” do punto de atención continuada (PAC) de Vigo, despois de que o pasado luns prestase asistencia cun facultativo menos durante a xornada laboral. Tal como lamentou o sindicato nun comunicado, esta situación viuse agravada pola necesidade de asistencia dun dos médicos fóra do centro, polo que nas instalacións quedaron dous facultativos, superando as esperas dos pacientes nalgúns casos as dúas horas.

“Esta situación, fóra de ser excepcional, xa se está convertendo en norma, sendo habitual nos últimos meses a prestación de asistencia no PAC de Vigo cun facultativo menos, ben por causas sobrevindas ou por necesitar desprazar a algún por ausencias noutra PAC da área”, criticou a CIG. Para a organización sindical, isto provoca unha “deterioración” da prestación, ademais de que implica maior carga de traballo para o persoal. Por iso, reiteraron a importancia de que se cubran a totalidade das prazas estruturais para garantir a asistencia das urxencias.

SANIDADE VIGUESA

Precisamente este martes o portavoz do goberno local, Carlos López Font, queixouse da “moi deficiente” atención sanitaria de Vigo, por falta de persoal. El instou á Xunta a que adopte medidas “urxentes”, lamentando a situación que se produciu o luns no punto de atención continuada (PAC) da cidade onde, segundo denunciou Font, deuse unha situación “absolutamente intolerable” con dous médicos para 500 pacientes.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...