InicioSociedadeA unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil de Vigo entrará en...

A unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil de Vigo entrará en funcionamento antes de final de ano

ata agora só había unha única unidade deste tipo para toda Galicia, situada en Santiago, "e agora imos ter unha segunda en Vigo, que será referencia para todo o sur, recibindo pacientes de Pontevedra e Ourense", o que duplica a capacidade galega, segundo anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou este martes a nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que entrará en funcionamento antes de final de ano. No marco do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora este 10 de outubro, García Comesaña subliñou que a nova unidade “vai permitir duplicar a capacidade para atender á infancia e aos mozos con problemas de saúde mental cando necesitan ingreso“.

Segundo recolle a Xunta nun comunicado, ata agora só había unha única unidade deste tipo para toda Galicia, situada en Santiago, “e agora imos ter unha segunda en Vigo, que será referencia para todo o sur, recibindo pacientes de Pontevedra e Ourense”, o que duplica a capacidade na Comunidade.

“Esta obra, iniciada no mes de marzo e xa terminada, conta cun investimento de 1,3 millóns de euros”, engadiu o conselleiro, que explicou que o Goberno galego está á espera da instalación do mobiliario para incorporar ao persoal e pacientes “en cuestión de semanas”. “Antes de terminar o ano teremos este espazo, de 740 metros cadrados, en funcionamento e dando servizo”, sentenciou.

“GRAN SALTO”

Na súa intervención no acto, o responsable sanitario destacou o “gran salto que vai supor a posta en marcha desta unidade para a atención á saúde mental na Comunidade”. Comesaña tamén lembrou outras medidas levadas a cabo polo Executivo galego no campo da saúde mental, como o reforzo da atención a mozas sen ingreso con novos hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil.

“Funcionan xa en Vigo, Santiago, Lugo, Ourense e Ferrol e antes de finais de ano estará en marcha o da Coruña, mentres que en 2024 completaremos Galicia co de Pontevedra”, reivindicou, pasando nunha lexislatura de 0 a 7 hospitais de día deste tipo.

Tamén o conselleiro falou da prevención do suicidio. “En 2020 tiñamos unha única unidade de prevención na área de Ourense e en 2023 temos xa sete, unha en cada área sanitaria“, engadiu, incidindo no aumento do persoal asociado, con 240 novas prazas nos servizos de saúde mental do Servizo Galego de Saúde (Sergas), segundo recollen os orzamentos da Xunta de 2024.

ÚLTIMAS

Familias e sindicatos manifestaranse para esixir profesores para alumnos ingresados en Saúde Mental no Cunqueiro: “Non nos queda outra”

Familias de Vigo planean unha manifestación para esixir á Xunta de Galicia profesores para alumnos ingresados...

Un accidente múltiple provoca colas quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

Un accidente múltiple, no que ata catro vehículos víronse implicados, provocou na tarde deste...

Un proxecto da UVigo realiza traballos na ‘raia’ para diminuír o risco de grandes incendios

O proxecto Firepoctep+, liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo),...

Convocada unha manifestación por Resposta Feminista polo 25N en Vigo para que “a vergoña cambie de bando”

Resposta Feminista, unha plataforma nada en Vigo coa vocación de convocar mobilizacións unitarias do...