InicioSociedadeO ano pasado transplantáronse na área sanitaria de Vigo 9 corazóns e...

O ano pasado transplantáronse na área sanitaria de Vigo 9 corazóns e 18 pulmóns

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou en Vigo na inauguración da exposición do V Concurso de Carteis para Escolares sobre Doazón e Transplantes da asociación ADROVI, e destacou a importancia das intervencións educativas para fomentar a concienciación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou este mércores no acto de entrega de premios da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI) con motivo da inauguración, no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, da exposición do V Concurso de Carteis para Escolares sobre Doazón e Transplantes, e destacou a importancia das intervencións educativas para fomentar a concienciación respecto diso.

No acto estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, Javier Puente; pola delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz; pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López; e polo presidente de ADROVI, Celso García. O titular de Sanidade puxo en valor a actividade de concienciación da doazón dirixida a escolares, porque “permite dotar de coñecemento” aos máis novos, que están nunha idade “moi receptiva”, e así poidan tomar conciencia e transmitir esa información no seu ámbito familiar.

Segundo apuntou, no ano 2022 o Sergas alcanzou a cifra de 128 doantes de órganos, que permitiron a realización de 296 transplantes nos hospitais galegos. No caso do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, o ano pasado foi “histórico” na doazón de determinados órganos, con 9 corazóns e 18 pulmóns. Un fito que foi posible grazas á “xenerosidade” de 27 doantes, e que sumaron un total de 75 órganos. No primeiro trimestre de 2023 Galicia suma 50 doantes, dos que 9 son da área de Vigo. Desde a realización do primeiro transplante en 1981 e ata o final de 2022, en Galicia realizáronse 9.217 transplantes de órganos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...