InicioSociedadeMáis de mil profesionais de atención hospitalaria poderán optar ao concurso de...

Máis de mil profesionais de atención hospitalaria poderán optar ao concurso de mobilidade interna da área de Vigo

O Sergas ofertará nove postos de enfermaría de práctica avanzada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xerencia da área sanitaria de Vigo asinou un acordo sindical sobre mobilidade interna voluntaria da persoa estatutaria fixa do ámbito da atención hospitalaria, do que poderán beneficiarse 1.237 profesionais, segundo informou o SergasEste acordo permitirá aos traballadores fixos de diferentes categorías elixir posto nas unidades, servizos e centros que integran o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

A meta do acordo, apuntaron fontes de Sanidade, é “seguir avanzando nun dos obxectivos fundamentais da política laboral do Sergas: mellorar a conciliación familiar dos profesionais, permitindo optar aos diferentes postos ofertados segundo as súas características (especialidade, quenda e centro)”. O acordo foi subscrito polo xerente da área sanitaria, Javier Puente e a presidenta da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria, María José Diéguez. No texto establécense os requisitos de participación, baremo de méritos da convocatoria e outras circunstancias.

Unha vez asinado, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a correspondente convocatoria, á que poderán presentarse profesionais que opten a estes postos: 474 enfermeiros e enfermeiras, 15 enfermeiras especialistas en Pediatría, 30 enfermeiras especialistas en Saúde Mental, 388 técnicos en coidados auxiliares de Enfermaría, 21 fisioterapeutas, 4 logopedas, 7 terapeutas ocupacionais, 23 técnicos superiores de Farmacia, 27 técnicos superiores de Imaxe para Diagnóstico, 48 técnicos superiores en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, 144 celadores e celadoras e 56 auxiliares administrativos.

POSTOS DE ENFERMARÍA DE PRÁCTICA AVANZADA

A principal novidade deste acordo é a incorporación de determinados postos de enfermaría catalogados como “postos de enfermaría de práctica avanzada”, en consideración ás especiais necesidades de formativas do seu desempeño. Para obter algún deses postos de práctica avanzada requírese ter unha experiencia ou formación específica nas materias e funcións relacionadas co posto a desempeñar.

Respecto diso, o Sergas explicou que se van a ofertar 9 deses postos nas consultas de Diálese Peritoneal, Enfermidade Inflamatoria Intestinal, EPOC, Hospital de Día Oncohematolóxico, Rehabilitación Cardíaca, Transplante Hematopoiético, Unidade de Accesos Venosos, Unidade de Demencias e Unidade de Mama.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...