InicioSociedadeAberto o prazo para elección de hospital de referencia para a poboación...

Aberto o prazo para elección de hospital de referencia para a poboación da área de Vigo asignada a Povisa

O Sergas abre este luns o prazo para que os pacientes asignados por poboación ao hospital Povisa de Vigo poidan solicitar o cambio e ser asignados ao sistema público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sergas abre este luns o prazo para que os pacientes asignados por poboación ao hospital Povisa de Vigo poidan solicitar o cambio e ser asignados ao sistema público. Así, desde agora e por un tempo de 30 días naturais (ata o 2 de novembro), os veciños das comarcas do Morrazo e Val Miñor, así como pacientes de varios centros de saúde da cidade de Vigo, poderán solicitar a inclusión no Complexo Hospitalario da área sanitaria de Vigo, ou ser asignados a Povisa.

Para formalizar esa solicitude é necesario cumprimentar un formulario específico (dispoñible na web do Sergas) e achegar un documento identificativo. Estes datos deberán ser entregados no centro de saúde que corresponda ao paciente por lugar de residencia. Tamén se pode pedir o cambio de forma telemática, na web do Sergas, mediante firma dixital.

A tramitación do cambio non será posible no caso de que a persoa usuaria estea hospitalizada nun ou outro centro, ou se iniciou tratamento de radioterpia e/ou quimioterapia. Tampouco se poderá tramitar se as solicitudes recibidas pasan o límite máximo de persoas usuarias que Povisa pode ter asignadas segundo o concerto asinado coa Xunta.

INFORMACIÓN EN POVISA

Por outra banda, o hospital Povisa informou de que as persoas interesadas en ser asignadas a este centro poden acudir ao vestíbulo do hospital todos os días, en horario ininterrompido de 8.00 a 20.30 horas, co seu DNI e cartón sanitario, “e o persoal do hospital axudaralles a cumprimentar o formulario necesario e a realizar todos os trámites”. Poden pedir cita previa no teléfono 692127267 ou no correo cambio@povisa.es.

O Sergas abre o dereito a cambiarse a todas as persoas maiores de 15 anos empadroadas en Vigo, Gondomar, Nigrán, Baiona, Moaña e Cangas. No caso de Vigo, poderán exercer directamente o seu dereito ao cambio as persoas que pertenzan aos centros de saúde de Pintor Colmeiro, López Moura, Nicolás Pena, Navia, Rosalía de Castro, Beiramar, Bouzas, Coruxo e Coia.

ÚLTIMAS

A Xunta acusa Caballero de tratar a auga como se fose súa e pide unha xestión supramunicipal para Vigo e o Val Miñor

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático cargou este domingo contra o alcalde...

Vigo abastecerá de auga a Baiona desde o luns e carga contra a Xunta: “Onde está a Administración que ten que resolver o problema?”

O Concello de Vigo confirmou que atenderá a petición de Baiona e comezará a...

Protesta ante Stellantis polo despedimento dunha traballadora dunha auxiliar candidata ás eleccións sindicais

Traballadores de Grupo UB, empresa auxiliar do sector da automoción, concentráronse este venres ante...

Vigo acollerá a final de mes o Exercicio Nacional de Loita contra a Contaminación Mariña-POLEX 2026

A Dirección Xeral da Mariña Mercante (DGMM), en colaboración con Salvamento Marítimo (Ministerio de...