InicioSociedadeHabilitado un autobús de reforzo pola mañá entre Bueu e a Universidade...

Habilitado un autobús de reforzo pola mañá entre Bueu e a Universidade de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade habilitará desde este luns un autobús de reforzo, á primeira hora da mañá, entre o municipio pontevedrés de Bueu e a Universidade de Vigo.

Desta forma, despois de identificar un aumento da demanda na liña Bueu-Cangas-Moaña-Meixoeiro-Cuvi-Álvaro Cunqueiro, derivado da apertura dun ano académico, a Xunta xa encargou á concesionaria a activación dun vehículo de reforzo, que opera desde o pasado xoves.

A este autobús, cunha capacidade de 64 prazas, sumarase outro servizo adicional desde este luns. Esta solución aplicarana na primeira expedición da liña, en días laborables, con saída ás 07,10 horas de Bueu, paso previo polo CUVI ás 08,30 horas e chegada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ás 08,40 horas.

Co inicio do ano académico rexístrase un incremento da demanda de determinados servizos de transporte público interurbano. En consecuencia, para facer fronte ás necesidades dos usuarios o Executivo autonómico realiza un seguimento continúo do seu funcionamento co obxectivo de responder as necesidades de mobilidade dos cidadáns da forma máis eficiente.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...