InicioSociedadeA Xunta licita a redacción do proxecto do centro de coidados intermedios...

A Xunta licita a redacción do proxecto do centro de coidados intermedios de Mos

Este será o primeiro centro destas características en España, xunto ao que se está pondo en marcha en Santiago. Está dirixido a persoas que, tras recibir o alta hospitalaria, seguen necesitando coidados e atención. A idea é garantir a súa rehabilitación completa e evitar así que perdan autonomía ou se agrave a súa situación. O centro contará con 60 prazas e o orzamento estimado é de 5,4 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta publicará este mércores o contrato de licitación para a redacción do proxecto básico e de execución do futuro centro de coidados intermedios de Mos, que suporá un investimento duns 5,4 millóns de euros. Precisamente a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo un encontro este martes coa alcaldesa da devandita localidade pontevedresa, Nidia Arévalo, para revisar o seu contido.

Segundo indica o Goberno galego nun comunicado, este será o primeiro centro destas características en España, xunto ao que se está pondo en marcha en Santiago. Está dirixido a persoas que, tras recibir o alta hospitalaria, seguen necesitando coidados e atención. A idea é garantir a súa rehabilitación completa e evitar así que perdan autonomía ou se agrave a súa situación. O centro contará con 60 prazas e o orzamento estimado é de 5,4 millóns.

García lembrou que o Executivo galego segue profundando nunha maior coordinación sociosanitaria, un dos principais eixos do modelo de coidados en Galicia. Neste sentido, subliñou que os centros de coidados intermedios encherán un oco dentro do sistema que ata agora non estaba a ser atendido.

ÚLTIMAS

Folga dos traballadores de Glovo en Vigo os dous próximos fin de semana para esixir melloras laborais e salariais

Traballadores de Glovo en Vigo e no resto da provincia de Pontevedra convocaron unha...

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...