InicioSociedadeA Unidade de Vixilancia de Edificios Xudiciais avala o servizo previsto para...

A Unidade de Vixilancia de Edificios Xudiciais avala o servizo previsto para Vigo

Todo iso a pesar de que precisamente a CIG-Servizos convocase para o vindeiro luns, día 18 de setembro, unha concentración en rexeitamento ao novo concurso de adxudicación, criticando que os pregos do contrato non contemplan unha dotación económica suficiente para cubrir os gastos salariais do persoal que vai ser subrogado e que o concurso non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unidade de Vixilancia de Edificios Xudiciais avalou o servizo de seguridade previsto pola Xunta para a Cidade da Xustiza de Vigo, a pesar das queixas rexistradas por sindicatos. Así llo trasladaron os responsables desta unidade, por parte da Policía Nacional, Vicente Rivero, e da Garda Civil, Miguel Estévez, ao director xeral de Xustiza, José Tronchoni, nunha reunión mantida este venres.

Para eles, a seguridade da Cidade da Xustiza “está garantida e conta con todos os efectivos necesarios” conforme ao convenio co Ministerio de Interior asinado en 2018 e que foi actualizado en decembro. Eles apuntaron que non é necesaria vixilancia presencial durante 24 horas. Nun comunicado, a Xunta lembrou que tras a inauguración das novas instalacións, concentráronse nunha única sede todos os servizos xudiciais vigueses, excepto o Rexistro Civil, pasando de seis sedes xudiciais a dúas.

Por este motivo, reorganizouse o servizo de vixilancia para dar resposta aos actuais riscos. “Pódese garantir que o servizo prestado é superior ao que se facía de forma individual nas antigas sedes. En concreto, prestan os seus servizos nos dous edificios de Vigo, en combinación co de Redondela, 20 efectivos“, sentenciou o Goberno galego.

Todo iso a pesar de que precisamente a CIG-Servizos convocase para o vindeiro luns, día 18 de setembro, unha concentración en rexeitamento ao novo concurso de adxudicación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais de Galicia e en concreto no de Vigo, criticando que os pregos do contrato non contemplan unha dotación económica suficiente para cubrir os gastos salariais do persoal que vai ser subrogado e que o concurso non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...