InicioSociedadeDetectan a presenza de mosquito tigre en Redondela

Detectan a presenza de mosquito tigre en Redondela

Xa son catro os concellos galegos, todos da área metropolitana de Vigo, nos que foi documentada a existencia desta especie: Redondela, Moaña, Vigo e Cangas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presenza de mosquito tigre no municipio de Redondela foi confirmada, co que xa son catro os concellos galegos, todos da área metropolitana de Vigo, nos que foi documentada a existencia desta especie. A identificación foi posible grazas á colaboración cidadá a través da aplicación ‘Mosquito Alert‘, o que permitiu que os técnicos das universidades de Vigo e Santiago que participan na Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) confirmasen que se trata dun mosquito ‘aedes albopictus‘.

Deste xeito, Redondela súmase a Moaña, Vigo e Cangas como integrante do comité técnico do mosquito tigre, que se reunirá este xoves por vía telemática, segundo trasladou a Administración autonómica nun comunicado. A Consellería de Sanidade agradece a colaboración veciñal para vixiar a presenza destes insectos, que son vector de enfermidades como o virus do dengue, o chinkungunya ou o Zika.

O Goberno galego aclara que ningún dos especímenes achados ata a data desde que o primeiro fose identificado en Moaña a comezos do mes de agosto era portador dalgún dos virus mencionados. Así as cousas, recomenda “pautas sinxelas” como como eliminar puntos de auga estancada en bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións co seu simple baleirado ou coa renovación da auga cada 4 ou 5 días.

Ademais, Sanidade habilitou recentemente unha entrada na súa páxina web que recolle o programa de xestión integrada do vector mosquito tigre, cuxa finalidade é evitar ou reducir o impacto, presenza e expansión deste insecto no territorio galego.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...