InicioCulturaVigo acollerá este 8 de setembro o acto institucional de apertura do...

Vigo acollerá este 8 de setembro o acto institucional de apertura do curso 2023-24 das universidades galegas

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá o 8 de setembro o acto institucional de apertura de curso académico 2023-24 das universidades galegas, no que estarán presentes, ademais do reitor, Manuel Reigosa, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá o 8 de setembro o acto institucional de apertura de curso académico 2023-24 das universidades galegas, no que estarán presentes, ademais do reitor, Manuel Reigosa, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.

Neste acto solemne, que comezará ás 12.00 horas, a catedrática de Escultura, Yolanda Herranz, será a encargada de impartir a lección inaugural, titulada ‘O autorretrato (do artista): Sombras, Reflexos e Reflexións’. A continuación, intervirán o reitor e o presidente da Xunta, antes de que se clausure a cerimonia coa actuación do Coro Universitario.

A última vez que o campus vigués acolleu o acto de apertura de curso (que se fai de forma rotatoria nas tres universidades galegas) foi en 2022, nun contexto marcado polas restriccines debido á pandemia de Covid-19.

O acto institucional porá fin a unha semana na que a UVigo celebrará, nos seu tres campus, xornadas de benvida dirixidas ao alumnado de novo ingreso, de 10.00 a 14.00 horas. Esta actividade arrincará o martes na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, e ao día seguinte fará unha xornada de benvida no Pavillón Universitario de Ourense; mentres que a benvida en Vigo será o 7 de setembro, no pavillón do campus.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...