InicioSociedadeO mantemento das ramplas, ascensores e escaleiras mecánicas superará os 400.000 euros...

O mantemento das ramplas, ascensores e escaleiras mecánicas superará os 400.000 euros ata 2025

O obxectivo é que calquera incidencia se repare en menos de dúas horas ou unha hora, segundo detallou o alcalde, Abel Caballero. Haberá un novo software na plataforma SmartCity do consistorio para que os cidadáns poidan informarse sobre o estado do funcionamento de escaleiras, ramplas e ascensores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo adxudicou por 419.000 euros o servizo de mantemento das ramplas e escaleiras mecánicas, e dos ascensores do proxecto Vigo Vertical, ata o ano 2025, segundo informou este venres o alcalde, Abel Caballero.

Este contrato inclúe 22 elementos mecánicos, entre os que están algúns cuxa instalación se está a rematar. Así, a empresa adxudicataria, TK Elevadores España, deberá facerse cargo do control e mantemento das escaleiras de Porta do Sol, Pizarro, Praza Portugal e Talude; as ramplas de Gran Vía, as próximas ao centro de saúde de Teis, as próximas ao centro de saúde de Lavadores, as de Travesía-Aragón, Carral, Escultor Gregorio Fernández e as próximas ao colexio Losada; e os ascensores de Juan Ramón Jiménez, Pizarro, Marqués de Valterra, San Salvador, Parque Camilo José Cela, Praza da Estación, Avenida Hispanidade-Romil, Travesía-Aragón e o coñecido como HALO.

Segundo o rexedor, con este contrato daranse resposta ás incidencias “en menos de dúas horas” ou “unha hora” se se trata dun ascensor. A empresa recibirá notificacións dos elementos mecánicos, e tamén o propio Concello; ademais, haberá un novo software na plataforma SmartCity do consistorio para que os cidadáns poidan informarse sobre o estado do funcionamento de escaleiras, ramplas e ascensores. O obxectivo, apuntou o alcalde, é que funcionen de forma ininterrompida de 7.00 a 23.00 horas de domingo a xoves, e ata medianoite o resto de días.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...