InicioSociedadeNunca máis: A Garda Civil e o sector dos explosivos reúnense para...

Nunca máis: A Garda Civil e o sector dos explosivos reúnense para evitar que a traxedia se repita

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comandancia da Garda Civil celebrou esta mañá de venres unha reunión co sector dos explosivos na provincia de Pontevedra. No transcurso deste encontro anual, que é o primeiro que se realiza en Pontevedra, pretendeuse sensibilizar a todos os actores relacionados co sector dos explosivos para previr e impedir todo tipo de ilícitos penais ou administrativos, e así evitar que se produzan desvíos de produtos explosivos que poidan ser utilizados na comisión de calquera tipo delituoso relacionado coa delincuencia común ou terrorista.

O obxectivo principal desta xornada é crear espazos de comunicación entre os actores do sector, onde se informe e se actualice todo aquilo que lles afecte dentro do desenvolvemento das misións que ten encomendadas a Garda Civil neste ámbito.

 

Reunión entre a Garda Civil e o sector dos explosivos/ Garda Civil

Asistiron os titulares, representantes e facultativos das explotacións e empresas consumidoras de explosivos, unha representación do depósito de explosivos que existe na provincia e persoal das distintas empresas de seguridade privada.

Os relatorios correron a cargo dos responsables das distintas Unidades da Garda Civil que teñen relación directa con esta materia: Intervención de Armas e Explosivos, Servizo de Información, Subsector e Tráfico e o Equipo de Especialistas en Desactivación de Explosivos desta Comandancia.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin das incidencias “diarias” no tren tras o peche de Guixar

O BNG de Vigo esixiu a Renfe e a Adif que poñan fin "de...

Caballero estala contra a Xunta polos voos de Vigo: ve unha “burla” ofrecer promoción sen garantir rutas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha “burla” a proposta...

Ferida grave unha nena de 10 anos tras caer desde o balcón da súa vivenda en Vigo

Unha menor de 10 anos resultou ferida grave na noite deste pasado xoves tras...

Detido en Vigo tras agredir a varias persoas con tres coitelos e tentar acoitelar a un policía

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 46 anos, identificado como...