InicioSociedadeDenuncian que o bispado de Tui non retira a simboloxía franquista das...

Denuncian que o bispado de Tui non retira a simboloxía franquista das súas igrexas

A asociación Lucenza-Ateneo de Nigrán denuncia que se está a imcumplir a recente Lei de Memoria Democrática e pide unha rápida retirada para acabar co "agravio permanente ás vitimas da represión".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Lucenza – Ateneo de Nigrán remitiu ao Bispado de Tui – Vigo e ao Concello de Nigrán dúas instancias nas que se demanda a retirada da simboloxía franquista existente no municipio de Nigrán. A asociación ten inventariadas nove inscricións franquistas  distribuídas por todo o municipio, en sete edificacións de titularidade da Diócese e dúas construcións de titularidade municipal.

Estas inscricións están colocadas principalmente nos muros exteriores de todas as igrexas parroquiais, figurando nelas o nome do dirixente falanxista José Antonio Primo de Rivera e mesmo nalgún caso o símbolo fascista do xugo e as frechas, ademais de referencias  aos “caídos na Cruzada de 1936 a 1939” e o “Ano da Vitoria”, o que supón un claro enaltecemento do bando franquista. Pola súa banda, existen tamén nas parroquias de Camos e Panxón símbolos falanxistas situados en lavadoiros e fontes de titularidade municipal.

Para Lucenza, todas estas inscricións e símbolos son elementos contrarios á memoria democrática e supoñen un agravio permanente ás vítimas da represión exercida na comarca polos golpistas do 36 e polo réxime da ditadura franquista.

No burofax enviado recentemento por parte de Lucenza á Diócese de Tui-Vigo, un ano despois dunha anterior carta enviada polo Ateneo ao Bispo D. Luis Quinteiro Fiuza, solicitándolle colaboración para a retirada dos símbolos franquistas colocados nas igrexas parroquiais do municipio, critícase a pasividade manifestada polo Bispado ao respecto e a falta de compromiso democrático que isto supón.

E por iso que agora, ao abeiro da recente Lei de Memoria Democrática, Lucenza insta ao Bispado e ao Concello de Nigrán a unha rápida retirada de dita simboloxía en cumprimento da normativa vixente, para así poder avanzar na superación progresiva desta páxina negra da Historia.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...