InicioSociedadeA CIG denuncia que a PAC de Cangas quedou cun médico de...

A CIG denuncia que a PAC de Cangas quedou cun médico de menos durante tres días

"No que vai de agosto, un terzo dos días a PAC de Cangas estivo atendido por dúas médicas (en ocasións unha soa)", afirma o sindicato

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG denunciou este luns, a través dun comunicado, que a xerencia da área Sanitaria de Vigo deixou cunha médica de menos a PAC de Cangas durante tres días: o venres, o sábado e este luns, festivo na localidade.

Un día despois de que responsables da CIG reunísense coa alcaldesa de Cangas para denunciar a situación de falta de persoal facultativo, o Sergas “tomaba a decisión de continuar coa estratexia de non substitución no período de máxima afluencia de visitantes a Cangas coincidindo coas festas do Cristo”, denuncia o sindicato.

“O Sergas non ten reparos en mentir descaradamente sobre a situación sanitaria de Cangas e toma a decisión de continuar dotando de menos persoal médico ao Morrazo”, sosteñen, tras o que consideran esta decisión “un castigo” cara ao persoal por “denunciar a enorme carga asistencial que padecen”.

A CIG anunciou que pedirá explicacións sobre a situación do Morrazo na mesa sectorial co Sergas e trasladará os datos sobre “a falta reiterada e sistemática de persoal facultativo” á alcaldía de Cangas. “Non se trata de cuestións puntuais nin de situacións de forza a maior, a non substitución de médicos obedece a permisos e vacacións programadas desde hai máis de 5 meses”, engade a CIG.

Os responsables da CIG apuntaron que “á situación de falta de substitución do persoal”, súmaselle “a decisión da xerencia de prescindir do habitual reforzo” que “asumía o incremento de asistencias provocado polo aumento de poboación no verán”. “No que vai de agosto, un terzo dos días a PAC de Cangas estivo atendido por dúas médicas (en ocasións unha soa)“, afirma o sindicato, co consecuente “aumento da carga de traballo” tamén pola época vacacional.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...