InicioSociedadeComeza a veda de choco nas rías de Pontevedra e Vigo, dende...

Comeza a veda de choco nas rías de Pontevedra e Vigo, dende luns ata o 31 de outubro

Queda prohibida tanto a pesca de baixura como a de recreo e as capturas accidentais deberán ser devoltas ao mar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A veda de captura de chopo nas rías de Pontevedra e Vigo irá dende este luns, 17 de xullo, ata o 31 de outubro, ambas as xornadas inclusive. Así figura en senllas resolucións que a Consellería do Mar publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante este período queda prohibida tanto a pesca de baixura como a de recreo. Ademais, as capturas accidentais deberán ser devoltas ao mar. Así mesmo, apúntase que os informes técnicos constatan que a partir do mes de agosto “case a totalidade da captura de choco” é de xuvenís, inferior a 13 centímetros.

Ademais, constátase que a partir do mes de xuño a porcentaxe de individuos xuvenís capturados increméntase nun 80% respecto meses anteriores, nos que se recomenda limitar o emprego das diferentes artes de pesca nas zonas máis interiores das rías.

ÚLTIMAS

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza "de forma inminente"...

Caballero carga contra os “ignorantes do PP” que non ven que o AVE por Cerdedo avanza “máis rápido que nunca”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das críticas do PP da...

PP denuncia que o goberno de Vigo non pediu a axuda estatal de 3,5 millóns para bonificar o billete do bus urbano

O PP de Vigo denunciou este mércores que o goberno local non solicitou a...

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...