InicioSociedadeA CUT avisa de que o "verán pinta mal" pola falta de...

A CUT avisa de que o “verán pinta mal” pola falta de bombeiros en Vigo

Denuncia outro peche do parque de bombeiros de Coruxo, en Vigo, por falta de persoal e avisa: "O verán pinta mal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CUT denunciou este martes que o parque de bombeiros municipal de Coruxo (un parque provisional mentres non se constrúen as novas instalacións en Esturáns) volveu a estar pechado pola falta de persoal, algo que xa ocorreu varias veces nos últimos dous anos.

Nun comunicado, a central explicou que este luns, durante 24 horas, o parque de Coruxo, que debe atender á zona sur da cidade, tivo que estar pechado e “a metade da cidade” estivo “protexida por uns poucos bombeiros do parque de Teis”.

Respecto diso, a CUT sinalou que calquera intervención en zonas como Coia, Navia ou Coruxo debe facerse con efectivos de Teis, o que supón “15 minutos máis” para chegar. De feito, así ocorreu con varios lumes rexistrados no sur da cidade na madrugada deste martes: un coche na rúa Pablo Iglesias, e varios colectores nas zonas de Fragoselo, Saiáns e estrada de Camposancos.

“Isto significa que tanto a seguridade dos cidadáns destas zonas como a dos bombeiros que están de garda queda totalmente mermada por falta de persoal e polo aumento dos tempos de resposta”, indicou a CUT. O sindicato denunciou que o ocorrido é resultado de “anos sen ofertas de emprego e inxentes cantidades de horas extras do persoal para soster o servizo“. “Tanto a xefatura de área como a do servizo, así como concelleiros e alcalde ten sobre as súas costas o peso da responsabilidade do que poida pasar”, advertiu.

Por outra banda, fontes do sindicato confirmaron que na xornada deste martes, novamente hai unha dotación mínima de bombeiros para toda a cidade, de 12 efectivos (contando condutores, bombeiros, telefonistas, etc.), cando o propio goberno municipal recoñeceu que prestar o servizo con menos de 20 bombeiros colocaría aos cidadáns nunha situación de “indefensión absoluta”.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...