InicioSociedadeAECT Rio Minho rexeita o control de fronteiras entre Galicia e Portugal...

AECT Rio Minho rexeita o control de fronteiras entre Galicia e Portugal polas Xornadas Mundiais da Mocidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director da Axencia Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Rio Minho, Uxío Benítez, trasladou este luns o seu rexeitamento público á decisión de repor os controis nas fronteiras entre Galicia e Portugal con motivo da celebración das Xornadas Mundiais da Mocidade, do 1 ao 6 de agosto en Lisboa, e que inclúen a visita do Papa Francisco.

Benítez pediu aos Gobernos de España e Portugal que aclaren en que consistirán as medidas que se van a adoptar “para evitar a alarma social” que xa se viviu durante os peches de fronteiras na pandemia ou en 2017, coa visita do Papa a Fátima.

Segundo sinalou, o peche de 2020 de practicamente todos os pasos fronteirizos no sur de Galicia, obrigou a traballadores transfronteirizos a facer rodeos de quilómetros para acudir aos seus postos, ademais doutros problemas sociais para veciños que utilizan servizos e equipamentos a ambos os dous lados da fronteira.

Uxío Benítez sinalou que, aínda que é comprensible a necesidade de seguridade, hai que establecer “un sistema sen barreiras” que impacte “o mínimo posible” na vida diaria dos veciños deste territorio.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...