InicioSociedadeAs obras na autovía Tui-A Guarda obrigarán a cortar un tramo da...

As obras na autovía Tui-A Guarda obrigarán a cortar un tramo da A-55 esta madrugada

O obxectivo é poder dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os avances nos traballos na autovía Tui-A Guarda entre as ligazóns da A-55 e o polígono de Areas obrigarán a pechar un tramo da estrada entre Vigo e a fronteira portuguesa esta madrugada.

En concreto, a afectación ao tráfico levará a cabo entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da A-55 a partir das 22,00 horas deste mércores e ata as 06,00 horas do xoves, cando quedará restablecida a circulación.

“Este corte é necesario para proceder á montaxe do segundo van de vigas metálicas do paso superior en forma de glorieta, sobre a autovía, co fin de poder dar servizo aos ramais, no tronco da autovía e a conexión coa N-551”, explicou o Goberno galego nun comunicado.

A Xunta subliñou que o obxectivo é poder dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo. Desde a saída 29 sentido Portugal usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e posteriormnete á N-551, sendo o mesmo percorrido en sentido O Porriño, pero á inversa. Todo isto implica un tempo de entre 8 e 10 minutos.

ÚLTIMAS

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína...

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...