InicioSociedadeA Xunta habilitará desde o 3 de abril unha nova liña de...

A Xunta habilitará desde o 3 de abril unha nova liña de bus entre O Morrazo e os hospitais de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta confirmou este luns a posta en servizo, desde o 3 de abril, dunha nova liña de bus para mellorar as conexións entre a comarca do Morrazo e os hospitais de Vigo.

A nova liña directa incluirá dúas expedicións “que optimizarán a oferta de servizos entre Cangas e Vigo“, mellorando as conexións do Morrazo cos centros sanitarios da cidade olívica e atendendo as demandas trasladadas, “aínda que diverxentes”, dos concellos de Cangas e Moaña.

Os dous servizos funcionarán durante todo o ano, de luns a venres, ás 6,40 horas coa ruta estación de buses de Cangas-Hospital Meixoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro, e con volta ás 15,15 horas. Estes servizos complementan a actual oferta, que se mantén como ata agora os fins de semana. A ruta realizaranse sen paradas no centro urbano de Vigo, reducindo os tempos de viaxe para garantir a puntualidade do persoal que traballa neses hospitais.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...