InicioSucesosDetido un home en Salceda de Caselas por traficar con cocaína, heroína...

Detido un home en Salceda de Caselas por traficar con cocaína, heroína e haxix

O detido conta cun amplo historial policial e tiña en vigor unha orde de ingreso en prisión emitida pola Audiencia Provincial

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas por traficar con cocaína, heroína e haxix. O arrestado foi sorprendido por unha patrulla da Garda Civil cando camiñaba pola rúa cunha carteira que “agarraba forte” con “certo nerviosismo”, segundo trasladou a Benemérita nun comunicado este xoves.

Esta carteira contiña un total de 20 gramos de cocaína e outros 19 de heroína listas para a venda, así como diñeiro en efectivo. O detido conta cun amplo historial policial e tiña en vigor unha orde de ingreso en prisión emitida pola Audiencia Provincial.

Tras proceder ao seu arresto, a Garda Civil realizou unha inspección no seu domicilio, onde foron intervidos máis de 61 gramos de heroína, case 75 gramos de cocaína, 29 de haxix e 3.795 euros en efectivo. O xulgado de instrución de garda do Porriño (Pontevedra) decretou o ingreso en prisión do detido, ao que se lle imputa un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...