InicioSociedadeA EOXI de Vigo anuncia a convocatoria por concurso de méritos de...

A EOXI de Vigo anuncia a convocatoria por concurso de méritos de 62 prazas de especialistas en centros sanitarios

Esta convocatoria está en marcada na lei de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, prazas que quedan desertas nos concursos de traslados, aprobada o pasado outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, informou este venres da próxima convocatoria, pola vía de concurso de méritos, de 62 prazas de especialistas para os centros sanitarios da zona, das cales 23 correspóndense a Atención Primaria e 39 son de especialistas de Saúde Mental.

Tras unha visita ao centro de saúde de Pintor Colmeiro, Puente atendeu aos medios de comunicación, a quen lles explicou que esta iniciativa repite a convocatoria posta en marcha o ano pasado pola Xunta para facilitar o acceso ao persoal médico de Atención Primaria a áreas de difícil cobertura por parte deses profesionais. En relación ás prazas convocadas para Saúde Mental, serán 11 facultativos de psiquiatría, seis de psicólogos clínicos e 20 de enfermaría especialista en Saúde Mental.

Así, Puente indicou que se creará unha nova unidade deste departamento que estará situada na cidade de Vigo. A previsión é que estea en marcha a finais deste mes de marzo ou a comezos de abril e contará con dous psiquiatras e polo menos un psicólogo e persoal de enfermaría, entre outros. Con todo, explicou que aínda non se sabe en que centro de saúde implantarase debido á dispoñibilidade de oco. “Non podemos esperar moito máis. É importante”, reivindicou.

En cando ás prazas de Atención Primaria, o xerente precisou que se corresponden a oito de facultativos especialistas e 15 pediatras e que con esta nova convocatoria haberá prazas ofertadas na maioría das comarcas que están dentro da área olívica, como O Morrazo, O Condado, A Paradanta, O Baixo Miño e a propia cidade de Vigo.

Por iso, dous médicos irán ao centro de saúde de Redondela, e un a Moaña, Aldán/Hío, Arbo, Covelo, Pazos de Borbén/Fornelos e Ponteareas. As prazas de pediatría estarán repartidas entre o centro da rúa Cuba de Vigo (2), outro en Pintor Colmeiro e outro na Dobrada. Ademais, dous serán para Ponteareas, para Tui e para Moaña, mentres que o resto está situada na Cañiza, Tomiño, Redondela, Mondariz e Cangas.

Precisamente sobre pediatría lembrou que a área dispón de cotas de pacientes por profesional máis baixos que a media nacional, polo que a atención está a ser “perfectamente seguida” en todo momento. Esta convocatoria está en marcada na lei de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, prazas que quedan desertas nos concursos de traslados, aprobada o pasado outubro.

“A necesidade de dotarse de máis recursos humanos e cubrir prazas vacantes en zonas de difícil cobertura da Comunidade motivou que a Xunta impulsase esta medida lexislativa, que incentiva a provisión destas prazas ao ofrecer a maior estabilidade, cunha praza fixa en propiedade, con sistema de acceso máis sinxelo”, indicou Javier Puente.

Preguntado sobre cando comezará a obra do novo centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo, dixo que este mes acabará o desaloxo do edificio situado na rúa Lalín (os antigos xulgados), polo que xa poderá saír a concurso a nova construción, debido a que o proxecto básico de execución xa está realizado e corrixido polos profesionais.

Tamén se referiu a a situación do Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE) do Meixoeiro, que anunciaron concentracións a partir do luns pola falta de persoal. Ponte subliñou a importancia de valorar a situación e as cargas de traballo e dotar de máis persoal cando sexa necesario, recoñecendo que neste caso si hai profesionais para cubrir os postos que se necesiten.

ÚLTIMAS

Netflix escolle Vigo para a promoción do ‘Xogo da Lura’

Vigo, a cidade das luces, volve ser protagonista este Nadal, pero desta vez non...

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...