InicioSociedadeA Xunta defende que non haxa urxencias en Moaña porque os profesionais...

A Xunta defende que non haxa urxencias en Moaña porque os profesionais “prefiren” estar en Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defende que Moaña non teña urxencias porque os profesionais “levan tempo dicindo” que “prefiren estar xuntos” na PAC de Cangas para “dar unha mellor dotación”.

Así respondeu a unha pregunta no Parlamento de Paulo Ríos, quen lembra que os veciños de Moaña levan “61 semanas consecutivas” de protesta para reclamar a volta das urxencias. Esixe saber “cando” van restituír o servizo, pois “xa non caben máis escusas de mal pagador”.

Respecto diso, Comesaña asegura que “é certo que se podían tomar medidas para que houbese un espazo de urxencias o máis próximo a Moaña“, pero “o goberno local tardou dous anos e medio en achegar a parcela”, “mentres a Xunta vai resolver os seus trámites en seis meses”. “Moaña podería ter unha novo PAC funcionando se o seu goberno local fose igual de áxil que a Xunta”, agrega.

Así mesmo, o conselleiro de Sanidade avanzou a adxudicación este mes da obra de construción do novo centro de saúde moañés. Paralelamente, o conselleiro informou de que o pasado martes xa se incorporaron ao centro de saúde de Moaña dous novos médicos con praza fixa en quenda de tarde.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...