InicioCulturaOs alfombristas ponteareáns regresan de Teruel tralo éxito da súa peza, adicada...

Os alfombristas ponteareáns regresan de Teruel tralo éxito da súa peza, adicada ao Camiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os alfombristas de Ponteareas regresan á cidade tras deixar a súa impronta de arte
efímero na vila de Aguaviva, en Teruel. Dende a tarde do luns 27 ás primeiras horas do martes 28, os alfombristas de Ponteareas realizaron unha alfombra floral con motivo da celebración do Misterio de Aguaviva na praza, diante da porta principal da igrexa.

A alfombra ponteareá foi admirada por milleiros de visitantes que acudiron a esta festividade. Nesta alfombra adicada ao Camiño de Santiago empregouse por vez primeira o logo do Xacobeo 2021.

Foron moitos os medios de comunicación que destacaron a beleza das tradicionais alfombras florais de Ponteareas. O concello de Ponteareas e a Asociación de Alfombristas Corpus Christi agradecen ao concello de Aguaviva, á asociación El Caliu e á veciñanza o caluroso recibimento e todas as atencións ofrecidas á delegación ponteareá, facéndoos sentir parte da súa vila.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...