InicioSociedadeVigo ronda os 2.000 casos activos de Covid mentres descenden os ingresos

Vigo ronda os 2.000 casos activos de Covid mentres descenden os ingresos

Falece un home de 41 anos con patoloxías previas na área sanitaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia supera de novo os 9.000 casos activos de Covid-19 ao rexistrar 9.342, que implican 366 máis que a xornada anterior, tras detectarse outros 1.198 contaxios; mentres que as persoas hospitalizadas descenden a 424, que supoñen seis menos. As vítimas da pandemia aumentan a 3.546, ao sumar dúas máis, entre elas un home de 41 anos con patoloxías previas falecido na área de Vigo.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, segue 15 pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia e descenden a 409 os hospitalizados noutras unidades –seis menos–, mentres que 8.918 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o mércores 8 de xuño, había 441 ingresados, 20 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: Ourense, Vigo, Santiago-Barbanza e Ferrol; mentres que se mantén na da Coruña e Cee; e aumenta lixeiramente nas outras dúas: Lugo e Pontevedra-O Salnés. Así, na de Vigo aínda que aumentan a catro os pacientes Covid en UCI –un máis–, descenden a 79 os doutras unidades –sete menos–

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por segunda xornada consecutiva no conxunto de Galicia, e sitúanse nos 9.342, que implican 366 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios, 1.198, que altas (831), ao que se engaden varios falecementos. O mércores anterior, 8 de xuño, había 8.263 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de da Coruña e Cee con maior incremento (+151), seguida da de Vigo (+73), Pontevedra e O Salnés (+61), Lugo (+38), Santiago e Barbanza (+16), Ferrol (+15) e Ourense (+11). Deste xeito, a área de Vigo continúa con máis casos activos, con 2.006; seguida da da Coruña e Cee, con 12.005; Santiago e Barbanza, con 1.544; Ourense, con 1.272 e Pontevedra e O Salnés, con 1.057. Por baixo do milleiro seguen as de Lugo, con 967; e Ferrol continúa á cola, con 483.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes, 14 de xuño, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos aumentou a 726,20 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatsl subiu a 589,82.

En Galicia a incidencia no grupo de idade de 60 a 69 anos ascendeu a 14 días a 682,73 casos por 100.000 habitantes; no de 70 a 79 anos a 723,51; e no de maiores de 80 anos subiu a 794,35.

FALECIDOS E CURADOS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas ascenden 3.546 despois de notificar a Consellería de Sanidade este mércores dous óbitos de pacientes con patoloxías previas. Sanidade informou de que o pasado 5 de xuño morreu un home de 41 anos de idade na área sanitaria de Vigo e o día 11 unha muller de 76 na mesma área, ambos os pacientes con patoloxías previas.

Pola súa banda, desde o inicio desta crise sanitaria 616.148 persoas curaron da Covid-19 en Galicia, despois de recibir a alta outras 831 na xornada anterior.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...