InicioSociedadeRoubo "sacrílego" de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de San Mamed de Priegue, en Nigrán, da que desapareceron varios cálices, copóns, patenas, unha xerra de prata e o copón cheo de formas do interior do sagrario.

Nun comunicado, a Diocese sinalou que o roubo “causa unha especial tristura en toda a comunidade crente, que ten na Eucaristía a fonte e o cumio da vida de fe”. Ante este feito, o bispo de Tui-Vigo, Antonio Valín, expresou “o seu fondo pesar”, en particular, polo “roubo sacrílego e a profanación do Santísimo Sacramento”. Así mesmo, trasladou a súa proximidade aos fieis da comunidade parroquial de San Mamed de Priegue.

A Diocese agradeceu a colaboración das autoridades e das forzas e corpos de seguridade na investigación do sucedido, e confía en que poidan esclarecerse canto antes as circunstancias destes feitos e recuperarse, se for posible, os obxectos sagrados subtraídos. Así mesmo, anunciou que “como resposta a este acto sacrílego, celebrarase, nunha data aínda por determinar, unha eucaristía de reparación e desagravio na igrexa de San Mamed de Priegue, á que se convida a participar toda a comunidade diocesana”.

ÚLTIMAS

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

UXT ve “desproporcionada” a sanción a unha vixiante do Cunqueiro de Vigo por darlle unha labazada a un paciente agresivo

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UXT (FeSMC-UXT) cualificou como "desproporcionada" a...

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...

SOS Sanidade Pública pide unha unidade de Grandes Queimados en Vigo “referente” para todo o sur de Galicia

SOS Sanidade Pública reclamou a creación dunha unidade de Grandes Queimados en Vigo que...