InicioDeportesXa está aquí o III Torneo Internacional de fútbol gaélico Reconquista de...

Xa está aquí o III Torneo Internacional de fútbol gaélico Reconquista de Vigo

Terá lugar este sábado, 23 de abril, no campo de San Esteban de Beade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xa está aquí a terceira edición do Torneo Internacional Reconquista de Vigo de Fútbol Gaélico. Terá lugar este sábado, 23 de abril, no campo de San Esteban de Beade, e nel participarán, á parte do anfitrión Keltoi Vigo, o equipo irlandés Cavan Stags, o
bretón Lorient GAC e os galegos Condado, Grovias e Fusquenlla.

O torneo internacional de Reconquista de Vigo de Fútbol Gaélico naceu en 2018 co obxectivo de promover a amizade entre os pobos mediante a práctica do fútbol gaélico. Este campionato, de carácter mixto e organizado polo club Keltoi Vigo, é neste momento o torneo internacional en activo de fútbol gaélico máis antigo de Galicia, que recupera a súa celebración tras o parón provocado pola pandemia.

O acceso ao torneo é gratuíto e estenderase desde as 10:00 horas da mañá ata as 18:30 h. da tarde. Prolongarase logo cunha cea e un concerto de folk na Sala Molotov.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...