InicioPonteareas terá o primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello

Ponteareas terá o primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello

O pleno de Ponteareas tamén ratificou un manifesto polos dereitos das persoas LGTBI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Ponteareas aprobou o primeiro Plan de Igualdade do persoal municipal do Concello. A través de 39 actuacións divididas en 7 áreas de intervención, o documento aprobado o 27 de xullo ten como obxectivo “camiñar cara a igualdade entre ambos xéneros na plantilla de persoal da entidade local”.

Con este Plan, o Goberno local pretende incorporar a perspectiva de xénero na xestión dos recursos humanos do Concello, fomentar a igualdade de oportunidades, integrar o respecto pola igualdade na cultura e incrementar o impacto positivo do xénero nas políticas e servizos públicos.

O documento está promovido pola concellaría de Benestar Social e Igualdade, dirixida por Verónica Carrera. A violencia contra as mulleres, a saúde laboral, o acceso ao emprego ou a información e sensibilización son algunhas das áreas que establece o plan aprobado no pleno.

UNAMINIDADE POLOS DEREITOS LGTBI

O concello de Ponteareas declarouse como un “municipio de liberdade para todas as persoas independentemente da súa identidade de xénero ou afinidade sexual”. Fíxoo a través dun manifesto polos dereitos das persoas LGTBI, consensuado por todas as forzas políticas da corporación municipal. Con el mostran a súa vontade de “construír unha sociedade inclusiva con oportunidades para todos e para todas”

 

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...