InicioMedio Ambiente e PatrimonioPSOE e BNG evitan condenar a chegada dunha nova canteira ao concello...

PSOE e BNG evitan condenar a chegada dunha nova canteira ao concello de Mondariz

O grupo de goberno evitou rexeitar a actividade mineira na zona. O edil do PSOE, pola súa banda, subliñou o seu apoio expreso ao proxecto: "a ninguén se lle escapa que eu teño unha canteira".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nova polémica arredor da explotación mineira proxectada sobre o coto de Eira, unha contorna natural pertencente ao concello pontevedrés de Mondariz. Semanas despois de que a veciñanza de Sabaxáns recorrera a resolución de aprobación da Xunta de Galicia para tentar paralizar o proxecto “Corvos”– que afecta ao seu monte veciñal–, un pleno do concello vén de prender novamente a lapa da tensión.

O pleno en cuestión, que tivo lugar o pasado día 19 de febreiro, vén de ser comentado pola adhesión do grupo de goberno consistorial –PSOE e BNG– ao proxecto mineiro de Corvos. O apoio á política enerxética mineira, que quedou capturado nun vídeo da aplicación Zoom, dá conta do apoio expreso ao proxecto do tenente de alcalde da vila, que se recoñece relacionado coa industria mineira.

“A ninguén se lle escapa que eu teño unha canteira, a ninguén se lle escapa que eu son da cámara mineira”, aludiu pouco antes de votar en contra dunha moción de rexeitamento á actividade mineira proxectada no marco do nomeado proxecto, que se situaría no monte de Sabaxáns. A moción, presentada pola formación Alternativa por Mondariz, saíu adiante grazas á abstención do BNG –que actualmente posúe o bastón de mando– PP, e CS.

O equipo de goberno mondaricense evitaba así condenar unha actividade mineira que vén de erguer os azos dunha mobilización veciñal descontenta co proxecto. O anuncio da Xunta de Galicia dando luz verde ao proxecto foi recibido con mensaxes críticos por parte da veciñanza, moitos deles vertidos en redes sociais. Entre eles destacaron os elaborados pola Comunidade de Montes de Sabañáns, unha das plataformas máis activas contra un proxecto cada vez máis preto de se materializar.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...