InicioSen categorizarIndignación ante a tortura ata a morte dun can en Tomiño

Indignación ante a tortura ata a morte dun can en Tomiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Vergüenza…matar a un perro a golpes…que valor,que corazón,que coraje con lo bueno que era mi perro que no hacía mal ninguno…”.

Quen lanza estas verbas é Myla, veciña do barrio da Pedra en Tomiño a quen o pasado venres noite alguén enprendeuna co seu can, un labrador chamado Bambi.

Segundo describe a protectora de animais de Tui, ALOIA, Bambi aparecu literalmente “reventado por dentro dunha paliza” coas patas desfeitas e as unllas desgastadas de tentar fuxir dos seus captores. “

O can presumiblemente conseguiu fuxir, ou directamente o soltaron ata que puido chegar a súa casa, gravemente ferido. Falecía dous días despois na clínica veterinaria que tentou salvalo da paliza.

A indignación non deixou de crecer en Tomiño ante a salvaxe noticia, e a soliridade dos veciños volcouse coa familia para tentar localizar ao autor ou atores do feito. Agora tanto a dona como a protectora piden colaboración para quen poida aportar pistas sobre o sucedido.

“Por favor, si sabes algo, si viste algo, si escuchaste, si oíste, si sospechas algo… No dudes en avisar, en denunciar, en compartir… Puede ser tu vecino, tu primo, la persona que vive pegada a ti… Puede ser cualquiera… Un auténtico torturador.!

https://www.facebook.com/protectoradeanimaisALOIA/videos/242674037439167

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...