InicioEconomíaBuscan impulsar unha campaña para que o Goberno central aplique "xa" as...

Buscan impulsar unha campaña para que o Goberno central aplique “xa” as rebaixas de peaxes na AP-9

O BNG demanda que o Executivo central "cumpra o pactado" e que "antes do verán" poida estar completada a tramitación e a transferencia da AP-9.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do BNG Paulo Ríos Santomé, acompañado por outros membros da formación na comarca do Morrazo, participaron na presentación da campaña social que pretende conseguir que o Goberno central active “xa” as rebaixas nas peaxes da AP-9 que, reivindican, comprometéronse no acordo para a investidura de Pedro Sánchez como presidente estatal.

Os nacionalistas subliñan nun comunicado que a campaña no Morrazo atopa “toda a sensibilidade social” porque a comarca “xa foi referente” na mobilización e en conseguir que a ponte de Rande “queda libre de peaxes”.

Sobre o traspaso, tras aceptar o Congreso a tramitación da lei galega que promove o traspaso, o Bloque tamén demanda que o Executivo central “cumpra o pactado” e que “antes do verán” poida estar completada a tramitación e a transferencia da AP-9. Todo iso, subliña, como “primeiro paso para unha xestión desde Galicia con criterios social e ambiental, e cunha perspectiva futura de que “a autoestrada poida ser galega e libre de peaxes”.

NATURGY

Por outra banda, o BNG informou de que presentou unha batería de iniciativas no Parlamento para esixir á Xunta que actúe “con contundencia” para que Naturgy “manteña os seus servizos en Galicia fronte ao desmantelamento progresivo que desenvolve a compañía”.

A portavoz nacionalista de Enerxía, Noa Presas, reclama ao Executivo galego que actúe fronte ao último paso dado neste sentido polo grupo empresarial coa súa intención de deslocalizar a Madrid o Centro de Operación de Redes da Coruña.

No medio da pandemia, a empresa anunciaba aos traballadores esta decisión como un feito consumado“, afeou, antes de advertir de que esta decisión “camuflada como mera reorganización” terá “profundas consecuencias”.

Así, advertiu de que este novo movemento da compañía “non só suporía a destrución de ao redor de 30 empregos, senón que tamén acabaría ocasionando a perda dun coñecemento e experiencia asociados ao territorio e ás condicións e características do sistema eléctrico que son fundamentais para prestar un adecuado servizo”.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...