InicioEconomíaBuscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

Tras adiantalo á entrada do encontro desta mañá, a Xunta enviou un comunicado no que asegura que esta comisión ten un "marcado carácter técnico" e a súa misión será o desenvolvemento dos devanditos plans no prazo máis breve posible.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres o Padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou por unanimidade a constitución dunha comisión de traballo para avanzar no plan funcional e no plan estratéxico do recinto.

Tras adiantalo á entrada do encontro desta mañá, a Xunta enviou un comunicado no que asegura que esta comisión ten un “marcado carácter técnico” e a súa misión será o desenvolvemento dos devanditos plans no prazo máis breve posible.

Formarán parte da mesma representantes do Goberno galego, do Concello, da Deputación de Pontevedra, da Confederación de Empresarios de Pontevedra, da Cámara de Comercio de Pontevedra, da Mancomunidade de Vigo e de Zona Franca.

Ademais, o Padroado tamén convidou a integrarse na mesma a Conxemar, a Navalia e ao Salón do Automóbil, “en liña co compromiso de avanzar na mellora do recinto contando cos seus usuarios estratéxicos”.

A idea, segundo apostilou González, é avanzar “da forma máis áxil posible” nos devanditos plans para potenciar o Ifevi. Ademais, dixo que “nos próximos días” a Xunta reunirase co Concello e con Zona Franca para acordar unha nova valoración do Ifevi que estableza o valor das achegas de cada institución ata a data.

O obxectivo da mesma é avanzar cara a un modelo de cogobernanza tripartito e “camiñar xuntos” para potenciar o Ifevi, tratándose dun recinto “fundamental” para a actividade económica de Vigo e a súa área.

ÚLTIMAS

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da...

Vigo traslada o Cíes Market e a noria a Vialia tras as protestas polo ruído na Alameda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou o traslado do mercadiño de Nadal "Cíes...

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...