InicioPolíticaO BNG pídelle a Exteriores que se preocupe do pequeiro vigués en...

O BNG pídelle a Exteriores que se preocupe do pequeiro vigués en corentena no Brasil

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG demandou ao Ministerio de Exteriores que se dirixa ás autoridades brasileiras para garantir unha asistencia sanitaria adecuada á tripulación do barco vigués que se atopan confinados no porto de Salvador de Baía tras detectarse un brote a bordo.

A través do seu deputado no Congreso, Néstor Rego, a formación frontista reclama que os mariñeiros que se atopan a bordo do pesqueiro ‘Venturer’ –da empresa Pescapuerta, con sede en Vigo– poidan baixar a terra e recibir os coidados médicos que necesiten.

Este barco atópase atracado no porto da cidade brasileira de Salvador de Baía, onde arribou despois de que varios dos membros da tripulación presentasen síntomas compatibles co covid-19. O ‘Venturer’ partiu de Vigo o 14 de xaneiro con 64 persoas a bordo para faenar nas augas das Malvinas.

A formación frontista reclama a Exteriores que interceda ante as autoridades de Brasil para que a tripulación poida pasar o resto da corentena en terra, á vez que solicitan que atendan aos seus familiares que, segundo denuncia Rego, “tiveron que esperar ata que o grupo empresarial contactase con eles” para coñecer o estado dos seus achegados.

“As familias contactaron directamente co consulado para pedir a súa intervención e axuda aos tripulantes. A día de hoxe non teñen constancia de se subiron a bordo do barco para coñecer a situación directamente ou de cales van ser as actuacións que levarán a cabo”, incidiu o parlamentario.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...