InicioSen categorizarA falta de comunicación da Xunta provoca malestar en Portugal logo de...

A falta de comunicación da Xunta provoca malestar en Portugal logo de que a prensa titulase a súa inclusión nunha ‹lista negra›

A Xunta avalía incluír só zonas de alta incidencia epidemiolóxica de Portugal no protocolo de viaxeiros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado 28 de xullo o Diario Oficial de Galicia publicaba a relación de 136 países e cinco comunidades afectadas pola medida, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, sinalou que o obxectivo do rexistro é informar “ás persoas que veñen a Galicia sobre cales son as actuacións que poden facer mentres están aquí” e comunicarlles “información que pode ser do seu interese”, como normativas sobre o uso de máscaras en toda Galicia ou “que terían que facer” se presentan sintomatoloxía compatible coa covid.

Esa explicación parece que non foi trasladada ás autoridades lusas que enteránronse da medida adoitada pola Xunta a través da prensa portuguesa.

Así o explicou este mediodía Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico, en declaracións a Radio VigoComo siempre, …como la Xunta no tiene acción exterior… nadie tuvo la sensibilidad de comunicárselo ni al Gobierno Portugués, ni a la región norte de Portugal , ni a los alcaldes del Eixo ni a los alcaldes limítrofes “

Sinala que unha noticia “tergiversada” dun medio de prensa de Lisboa, co titular “Galiza coloca a Portugal na lista negra” vinculou o feito anunciado por Galicia coa medida adoitada polo Reino Unido, dando a entender á opinión pública que o que plantexaba o goberno en Galicia era unha especie de corentena.

“En cambio ya sabemos como son las sensibilidades, en Portugal llueve sobre mojado porque todavía tienen ahí el escozor sobre las lamentables declaraciones de la Ministra de Turismo…” “Yo estoy explicando a los medios portugueses la medida, la están entendido… pero ha fallado la comunicación y sensibilidad que tendrían que haber hecho deste Exteriores y demuestra una vez más que la Comunidad de Traballo sigue sin existir” enfatizou.


A Xunta avalía incluír só zonas de alta incidencia epidemiolóxica de Portugal no protocolo de viaxeiros

O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores que, nos próximos días, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manterá reunións para avaliar a posibilidade de regionalizar Portugal e incluír no protocolo de viaxeiros elaborado pola Xunta só as zonas con maior incidencia epidemiolóxica do país luso.

Aínda que no protocolo que obriga a comunicar estancias en zonas de risco non se fan diferenzas con respecto ao territorio dos países, excepto no caso de España, Feijóo trasladado a necesidade de establecer unha diferenciación por zonas de alta incidencia da COVID-19 tamén para o país veciño, #ante os “estreitos lazos” que o unen con Galicia.

Foi durante un encontro mantido este mércores en Santiago co embaixador de Portugal, João Mira Gomes, no que o titular da Xunta en funcións incidiu nos beneficios deste protocolo, cuxo obxectivo é facer de Galicia un destino seguro para os galegos e para todos os que a visitan, así como detectar con rapidez posibles casos de coronavirus.

Con esta medida, apuntou, a Comunidade pon ao dispor dos visitantes o servizo sanitario galego e, ademais de proporcionar información e recomendacións sanitarias, con esta información poderanse adoptar as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias en cada caso. Entre elas, poderá promoverse a realización dunha proba diagnóstica independentemente de que se teña sintomatoloxía ou non.

O presidente da Xunta en funcións insistiu que se trata de “un servizo a favor e nunca en contra” dos visitantes, para que a xente poida vir a Galicia de forma segura e coa finalidade de ter localizadas ás persoas que proveñen dos territorios con maior risco epidemiolóxico para actuar con maior rapidez.

ÚLTIMAS

Desconvocada a folga de persoal de ambulancias na área de Vigo

O persoal de ambulancias da 061 da área Vigo decidiu desconvocar a folga indefinida...

Encontro de amizade e cooperación entre Vigo e México

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este venres co embaixador de México en...

As cidades deportivas do Celta son elixidas como subsedes do Mundial 2030, pero Balaídos non será unha das sedes

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) anunciou que o coruñés estadio Abanca Riazor será unha...

Cine Fraga, “o inicio da recuperación dun emblema cultural” de Vigo

O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e...