InicioMedio Ambiente e PatrimonioImaxes para reflexionar: Toalliñas e bastoncillos colapsan o sistema de saneamento da...

Imaxes para reflexionar: Toalliñas e bastoncillos colapsan o sistema de saneamento da Guarda

Estes materiais están a provocar atascos e o deterioro das tubaxes e estacións de bombeo, en detrimento da calidade deste servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente e da Concellería de Servizos, vén de facer un chamamento conxunto (e urxente) a toda a cidadanía para evitar que materiais como as toalliñas desechables e os bastoncillos cheguen á rede de saneamento municipal, xa que provocan atascos e o deterioro das tubaxes e estacións de bombeo, en detrimento da calidade deste servizo, provocando ademais un impacto negativo no medio ambiente.

Recentemente, técnicos municipais tiveron que realizar unha limpeza exhaustiva de boa parte do sistema de saneamento da vila a consecuencia dos atascos provocados por este tipo de materiais, “que, en ningunha circunstancia, deberían de chegar á rede de saneamento”, subliñan desde o Concello.

oallas e bastonciños na rede de saneamento/ Concello da Guarda

Este tipo de atascos e reparacións son cada vez máis comúns, o que significa un custe cada vez maior para as arcas municipais, polo que se fai un chamamento ao seu uso responsable á vez que se anuncia unha campaña de sensibilización sobre o efecto negativo que unha acción tan sinxela coma tirar estes materiais ao WC pode ocasionar.

ÚLTIMAS

Recuperan un cadáver flotando fronte ao Auditorio Mar de Vigo

Os servizos de emerxencias recuperaron este luns un cadáver que apareceu flotando fronte ao...

A Xunta dá luz verde a 2.000 vivendas protexidas no Ofimático de Vigo

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal ao proxecto de interese...

Folga indefinida en Alten en Nigrán contra despedimentos e “chantaxes” tras o conflito pola cesión ilegal en BorgWarner

Empregados de Alten, empresa que traballa para a auxiliar automobilística BorgWarner, iniciaron este luns...

O Concello de Vigo impulsa a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Internacional

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción presentada polo PP...