InicioVigo e contornaMosDeteñen en Mos dous homes que tiñan sobre eles senllas ordes de...

Deteñen en Mos dous homes que tiñan sobre eles senllas ordes de arresto

Tras unha investigación para determinar o seu paradoiro, foi localizado e detido en cumprimento do mandato xudicial

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Mos detivo na última semana a dous homes sobre os que pesaba senllas ordes de arresto emitidas pola autoridade xudicial.

Segundo informa o Concello nun comunicado, o primeiro deles tratábase dun home de 45 anos de idade que tiña unha orde de ingreso en prisión emitida polo Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra.

Tras unha investigación para determinar o seu paradoiro, foi localizado e detido en cumprimento do mandato xudicial.

Pola súa banda, en colaboración coa Garda Civil, tamén se detivo a outro home, de 52 anos, cunha orde de arresto e personación emitida por un xulgado do Porriño.

O goberno local destacou o labor dos axentes e a “estreita” colaboración coa Benemérita.

ÚLTIMAS

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...