InicioSen categorizarRumores non confirmados sobre a investigación xudicial do alcalde de Tui pola...

Rumores non confirmados sobre a investigación xudicial do alcalde de Tui pola explosión de Paramos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui (Pontevedra), Carlos Vázquez Padín, convocou este luns unha rolda de prensa de urxencia en relación á investigación aberta pola Fiscalía por desobediencia do Concello de Tui na execución dunha sentenza urbanística ditada en 2014 polo Xulgado do Contencioso-administrativo Número 1 de Pontevedra que obrigaba a precintar e demoler as instalacións da pirotecnia La Gallega na parroquia de Baldráns.

O rexedor negou este domingo que estez investigado –ou imputado segundo a antiga denominación– neste proceso. En todo caso, suliñou que o suposto delito de desobediencia por non acatar esta sentenza non é do seu executivo –leva no cargo un ano–, senón que é responsabilidade do anterior rexedor, o socialista Enrique Cabaleiro.

Por outra banda, Padín lembrou que o goberno local ordenou precintar as instalacións de La Gallega o pasado mes de setembro. “Iso significa que a sentenza está xa a executarse”, dixo ao negar que exista intencionalidade por parte do seu executivo.

Vázquez Padín ten sido sempre moi crítico co Goberno central, ao que acusa de retardo nas axudas aos veciños e en non colaborar no desaloxo dos explosivos, algo que ve necesario para a demolición das casetas da pirotecnia, tal e como obriga a sentenza.

JAVIER LOSADA

Pola súa banda, no transcurso dunha entrevista en RNE e preguntado polas medidas adoptadas para o municipio de Tui no que explotou unha pirotecnia ilegal, o delegado do Goberno, Javier Losada, defendeu que o Executivo central cumpriu o seu compromiso de declaración da área afectada de Paramos como “zona catastrófica”. “Este é un Goberno que fai o que di”, agregou.

“É o compromiso de solucionar un grave problema como se fixo co tema dos incendios de 2017, tamén como zona catastrófica, que o goberno do PP non fixera nada, en especial os concellos afectados en Ourense”, engadiu.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...