InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Guarda recorda a Vigo a fermosura dun ceo estrelado

A Guarda recorda a Vigo a fermosura dun ceo estrelado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado sábado día 29 de setembro o Concello da Guarda, a través do Departamento de
Turismo, organizou unha noite de observación de estrelas dende o alto do Monte Torroso na parroquia de Salcidos, que contou coa participación de case un centenar de persoas, actividade enmarcada nas conmemoracións do Día Mundial do Turismo, que se celebrara o 27 de setembro.

Nunha noite de temperaturas agradables, os participantes desta actividade, desprazados
dende a Guarda, a Comarca do Baixo Miño e mesmo de Vigo, partiron dende a Casa
Forestal do Torroso, para facer unha pequena andaina ata o Alto do Monte Torroso, onde
puideron atender ás explicacións do experto en astronomía Pablo Martínez, membro da Agrupación de Astronomía Rias Baixas.

Observación de estrelas/ Concello da Guarda

Os participantes coñeceron as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a
localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de
estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas. A actividade espertou o interese dos participantes, que antes do remate puideron facer preguntas e interesarse sobre o apaixoante mundo da astronomía.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...