InicioPolíticaA saúde dos vigueses, "moeda de cambio para as SICAV de evasión...

A saúde dos vigueses, “moeda de cambio para as SICAV de evasión fiscal da familia Silveira”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Para Marea de Vigo, o anuncio de preconcurso voluntario de acredores de Povisa co argumento de que se arrastran perdas dende 2014 polo insuficiente dos ingresos do concerto co SERGAS é a todas luces “unha escusa” para forzar a renegociación do mesmo.

“O propio concerto é absolutamente singular no estado español e totalmente vantaxoso para o centro hospitalario privado ao condicionar, entre outras cousas, o non desenvolver un centro hospitalario no Morrazo ou a apertura das plantas ociosas no Meixoeiro” matiza Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo.

“De novo o grupo Silveira – engade- emprega a ameaza sobre as máis de 1500 persoas empregadas e as máis de 130.000 cartillas sanitarias que abarca como metodoloxía de presión para obter un maior importe no concerto”.

Povisa/ Miguel Núñez

“Hai 3 anos eran os despedimentos de 13 persoas (celadores e 3 persoas do arquivo) despois de intentar un ERE extintivo que foi rexeitado, despois foron continuos bloqueos á negociación do convenio colectivo e agora a ameaza de non pagar as cotizacións sociais da do cadro de persoal a e entrar no preconcurso”, lembrou.

“Todas estas actuacións son exemplos do abuso que esta empresa está a exercer en todos os ámbitos, e o SERGAS non só non debe ceder na presión, senón que debe esixir que os parámetros de calidade asistencial que aplica aos centros públicos sexan tamén aplicados en Povisa” engade Pérez.

Marea de Vigo pide unha auditoría de todas as empresas do grupo Silveira, e segue a denunciar que un hospital que forma parte da rede hospitalaria do SERGAS non pode ser “moeda de cambio nas aventuras empresariais e no engorde de sociedades pensadas para a evasión fiscal como son as SICAV’S, que a familia Silveira posúe. O servizo sanitario dunha area tan importante como a de Vigo non pode estar a expensas dos intereses económicos dun grupo empresarial”.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...